Qué é Gotas de Lluvia?

Gota de Lluvia é moito máis cunha marca de xoias, é unha maneira diferente de facer arte, unha forma única de crear pezas en prata, ouro e outros metais nobres. Trátase dun estilo enxebre, con alma e especialmente, raíces.
Dende que comezamos o tivemos claro. Os nosos produtos tiñan que ser algo máis cun colgante, pendentes o aneis. Tiñan que ser pezas únicas, feitas a man e que representasen sempre algo, como a nosa terra ou os nosos soños.
Queremos cas nosas xoias sexan a peza perfecta para regalar ou para levar posta.
Por iso comezamos a traballar coa auga de choiva de Santiago de Compostela. Pensamos que non había nada máis orixinal que levar unha gota posta, que parar o tempo nun preciso momento, o momento en que esa gota bateu nas pedras da cidade na que a "choiva é arte". Pero é so o principio, agora traballamos tamén enfocados no Camiño de Santiago. Porque, qué sería Galicia sen esta máxica experiencia.
A nosa intención é clara, facer que Gota de Lluvia sexa a mellor maneira de recordar a terra, de levar un anaco do que máis queremos. Facer que todo o mundo que pasa por Galicia e namorase a lembre cuns pendentes con auga de choiva ou ben cun colgante do camiño. Porque:
"Non somos galegos por nacer en Galicia, somos galegos porque Galicia nace en nos."