Combater a Morriña

Día tras día recibimos algunha mensaxe ou correo dalgún nomorado das nosas gotas de Choiva. Dalgún que viu nun colgante a mellor forma de lembrar a súa terra e presumir de orixes alí onde vaia ou estea. De presumir de xente, de fogar, e incluso, tamén de clima (Para iso somos galegos).
De combater a morriña, alí onde apareza.
Solo quen está lonxe sabe ca morriña é directamente proporcional á distancia, que estrañar os días grises é posible e sair tódolos días con paraugas é algo mais cunha costume.
Quizá os de lonxe non poidamos desfrutar cada día da nosa xente, pero sen dúbida sempre a levamos preto. Entón, por que non levar agora parte da nosa terra?
Somos da terra na que cada choiva é diferente, de feito, ata temos máis de sesenta palabras para nomeala. Somos da terra na que berramos "Se chove que chova" ou "Nunca choveu que non escampara".
Como non ía a ser a Choiva algo noso? Como non íamos facer do noso un emblema?
Por iso mesmo empeñámonos en facer da choiva arte. Mostrándolle ao mundo o noso orgullo pola terra e facer que todo aquel que queira, poida sentir os orixes alá onde a vida o leve.
Esa é a nosa única meta, atopar algo que permita sentirnos preto estando lonxe.
Nestes tempos nos que emigrar e ir lonxe está a orde do día, votar de menos e inevitable. A morriña nunca foi tan forte. Por iso queremos levar algo de Galicia, algo que ninguén máis poida entender da mesma maneira ca nos, e iso sen dúbida é a choiva.
Aproveita estas Festas de Nadal para dar a benvida os que veñen de visita e regalar algo que lle lembre ao noso: Gota de Santiago de Compostela.
Regala Galicia. Regala Choiva.